Case 300 persoas morreron en Galicia agardando por axudas á dependencia

Hai case 2.000 persoas en lista de agarda da dependencia. A Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais sitúa a Galicia como a de menor 'limbo de dependencia' e entre as que máis aumentan os beneficiarios.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 02/11/2023 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

Un total de 1.903 persoas estaban pendentes de recibir prestación por dependencia a setembro de 2023 en Galicia e 260 faleceron en lista de espera entre decembro de 2022 e maio de 2023. Destas últimas, 171 tiñan o dereito recoñecido e 89 estaban pendentes dunha resolución do grao de dependencia.

Son datos que recolle a Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais nun informe feito público este xoves e que recolle que, en toda España, hai 190.695 persoas pendentes de recibir prestación por dependencia e 22.311 faleceron en espera.

Esta entidade denuncia que "cada vez está máis lonxe o obxectivo do Plan de Choque de reducir a lista de espera en 60.000 persoas este ano". "A burocracia e o feito de que en máis da metade das comunidades autónomas crece a lista de espera, fai que fracase o obxectivo do Ministerio de Dereitos Sociais e que non se aproveite a oportunidade do importante incremento orzamentario comprometido neste obxectivo", alertou a entidade.

No caso de Galicia, o informe a destaca entre as comunidades con menor 'limbo da dependencia', é dicir, en porcentaxe de persoas pendentes de recibir unha prestación. A galega é a terceira menor, cun 2,54%. Así mesmo, a asociación sinalou que, "polo momento, só Aragón (-77,12%) e Galicia (-41,82%) están a cumprir co obxectivo de redución da lista de espera do Plan de Choque de 2023".

Os datos tamén sitúan a Galicia (+7,22%) como a terceira onde máis aumentaron o número de beneficiarios con prestacións e está lixeiramente por baixo da media e en oitava posición, cun 4,98%, na subida de persoas beneficiarias con dereito a unha prestación.

Unha muller maior en cadeira de rodas e a súa coidadora pasean polo centro da cidad / Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo /
Unha muller maior en cadeira de rodas e a súa coidadora pasean polo centro da cidad / Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo /

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Arteixá

Iso é terrible. Pero inda me parece peor que non haxa prazas en residencias públicas para todo aquel que as necesite, e haxa que pagar prazas privadas empeñando ou vendendo todo canto un ten para chegar. Que te poñan en lista de espera e vexas como cada vez baixa máis e máis o nome do teu familiar que o precisa. Ou que a asistenta social che entregue unha lista de residencias privadas con prezos actualizados e telf. de contacto. Unha praza pública é un dereito, non caridade para os desamparados.