Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2023 | Actualizada ás 16:15
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves unha resolución pola que se outorga autorización administrativa a Nedgia Galicia para o peche parcial, incluíndo o desmantelamento, da infraestrutura gasista correspondente á planta satélite de gas natural licuado de subministración ás redes de distribución de gas natural dos concellos de Cee e Corcubión, na Coruña.
En concreto, segundo informan a Europa Press fontes da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a compañía solicitou o peche dun depósito de 60 metros cúbicos que leva inoperativo desde 2015 e que "non prevé ter que utilizalo no futuro". A planta aínda ten outro de 30 metros cúbicos.
O prazo para o peche e desmantelamento que se autorizan será de 12 meses, segundo a resolución do DOG, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.