Falece un home tras ser atropelado na Estrada

Outro accidente en Sarria remata cun coche envorcado sen que o condutor puidese saír do seu interior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2023 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

Un home faleceu tras ser atropelado na estrada que conduce de Santiago a Ourense, á altura de Loimil, no municipio pontevedrés da Estrada. Segundo informou o 112, foi a propia condutora do vehículo implicado a que alertou do suceso ao redor das 21.15 horas. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada. Unha vez no punto, os equipos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento do home.

CONDUTOR EXCARCERADO EN SARRIA

Por outra banda, un particular alertou á central de emerxencias sobre un accidente en polígono de Morelle, en San Xulián da Veiga, no municipio lugués de Sarria. Na súa chamada informou de que vía un coche envorcado cunha persoa no interior, que permaneceu consciente en todo momento. Por iso, o 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil e á Policía Local de Sarria. Os Bombeiros fixeron uso do seu material de excarceración para liberar ao condutor, único ocupante do vehículo, que foi trasladado polos servizos de emerxencias.

Ambulancias en Urxencias dun hospital galego
Ambulancias en Urxencias dun hospital galego | Fonte: M.N. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta