Publicados os modelos de estatutos para a constitución de agrupacións forestais

A súa creación está pensada para a mellora da xestión e dos aproveitamentos forestais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2023 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde que establecen os modelos de estatutos para agrupacións forestais de xestión conxunta e modelos tipo para constituír dereitos de usos e aproveitamento. Segundo informa a Consellería de Medio Rural nun comunicado, son modelos "orientativos e voluntarios" que a Xunta facilita conforme ao establecido nas leis de montes e de recuperación de terra agraria.

A creación destas agrupacións, recollida no plan forestal a 2040, está pensada para a mellora da xestión e dos aproveitamentos forestais. Os seus obxectivos pasan pola protección do medio ambiente, a prevención de incendios forestais e o fomento do desenvolvemento rural. Deste xeito, publícanse os seguintes modelos de estatutos para as diferentes agrupacións forestais de xestión conxunta: para entidades sen ánimo de lucro de xestión forestal conxunta; para entidades sen ánimo de lucro de representación para a planificación ou comercialización conxunta; de comunidade de bens e de sociedade civil.

No tocante aos modelos tipo para a constitución de dereitos de uso e aproveitamento a favor de terceiras persoas en Galicia, publicaranse os seguintes: contratos para a constitución de dereitos de uso e aproveitamento a favor de agrupacións forestais de xestión conxunta; contratos de cesión ou delegación da planificación da xestión forestal ou da representación para a xestión e comercialización conxunta a favor de agrupacións forestais de xestión conxunta.

Un membro das Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF)
Un membro das Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF) | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta