Localizado o veciño de Santiago que estaba desparecido desde finais de setembro

Manuel Dantas Gómez ten 56 anos e xa foi localizado e identificado pola Policía Nacional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2023 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

A asociación SOS Desaparecidos desactivou a alerta sobre a desparición de Manuel Dantas Gómez, que xa foi localizado despois de que os seus achegados non soubesen do seu paradoiro desde finais de setembro.

Os familiares deste home de 56 anos residente en Santiago de Compostela presentaron unha denuncia pola súa desaparición despois de non ter noticias del durante semanas.

Con todo, fontes consultadas por Europa Press apuntaron que a Policía Nacional logrou identificar e localizar ao home.

Coche da Policía Nacional
Coche da Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta