A borrasca Domingos deixou en Galicia a maior altura de onda desde que hai rexistros no Estado

Foi unha marca absoluta de altura de onda significante que se rexistrou en Estaca de Bares. Polas súa banda, Cabo Silleiro tivos ondas de 16,47 metros e Punta Langosteira de 15,89 metros.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 07/11/2023 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

A borrasca Domingos que azoutou o pasado fin de semana á costa galega e cantábrica, deixou unha marca absoluta en altura de onda significante medida nas redes de aboias de Portos do Estado.

Onda xigante durante un temporal
Onda xigante durante un temporal | Fonte: EP

Foi, en concreto, na boia de Estaca de Bares, pertencente á Rede Exterior e operativa desde 1996. Rexistrou 13,95m de altura de onda significante o sábado 4 de novembro ás 22h, o que supón a maior altura rexistrada desde que as redes de medida de Portos do Estado empezaron a funcionar, superando os 13,72m rexistrados na boia de Bilbao Biscaia durante o paso do ciclón extratropical Klaus en 2009.

Segundo informa Puertos del Estado nun comunidado, o resto de boias operativas na zona obtiveron rexistros elevados durante o paso dos tres temporais case consecutivos dos últimos días (Celine, Ciarán e Domingos), pero sen alcanzar niveles marca.

A altura de onda significante representa o valor medio do terzo de ondas máis altas rexistradas durante un período dunha media hora, a diferenza da altura de onda máxima, que se circunscribe á medida dunha única onda. Por iso, é un parámetro estatístico de gran utilidade para describir a intensidade da ondada na posición de abóiaa e máis definitorio, por tanto, da dureza do temporal.

A boia de Estaca de Bares non conta con capacidade para transmitir o parámetro de altura de onda máxima en tempo real, polo que haberá que esperar a descargar os datos de abordo para coñecer os rexistros correspondentes ao devandito parámetro durante o temporal. Si se dispón dos valores de altura de onda máxima rexistrados nas boias de Cabo Silleiro, que marcou 16,47m o 5 de novembro ás 4 da madrugada, e na de Langosteira, que marcou 15,89m o 4 de novembro ás 19h. Son cifras en ambos os casos moi elevadas, pero que non supuxeron valores marca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta