Axudas a tres produtoras galegas para dúas longametraxes de máis dun millón de euros

O Ministerio de Cultura e Deporte concedeu este importe a Filmes da Ermida, Frida Filmes e Aurora Audiovisual.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2023 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

O Ministerio de Cultura e Deporte concedeu máis dun millón de euros (1.015.600 euros) en axudas a tres produtoras galegas para a súa participación en dúas longametraxes. Segundo sinalan nun comunicado, as beneficiarias son os produtoras Filmes Da Ermida, participante en 'After', e Frida Films e Aurora Audiovisual como produtoras de 'Leo&Lou'.

A cineasta Olga Osorio
A cineasta Olga Osorio | Fonte: OUFF

Dos 50 proxectos que solicitaron a axuda, resultaron beneficiarios 25. Deles, 23 proxectos corresponden á categoría de ficción, cun importe de 27.212.000 euros; e dous proxectos corresponden á categoría de animación, por un importe de 2.800.000 euros. Pola súa banda, dos 25 proxectos beneficiarios, 11 son"O obxectivo é facer que o tempo de espera durante o tratamento sexa máis agradable, nunha contorna amable". e obtiveron axudas por un valor de 13.072.000,00 euros, o que supón o 43,55 % da dotación total.

Respecto da presenza feminina, dos 10 proxectos dirigxidos exclusivamente por mulleres que solicitaron axuda resultaron beneficiarios seis proxectos, cun importe total de 7.100.000 euros, isto é, o 23,67% da dotación total. Así mesmo, dos 13 proxectos presentados con guión escrito exclusivamente por mulleres resultaron beneficiarios nove, o que supón o 36% do total de proxectos beneficiarios. Ademais, dos 6 proxectos solicitantes nos que a dirección e guión recaen en mulleres, foron seleccionados cinco. Respecto da produción executiva, dun total de 45 proxectos con mulleres nese cargo resultaron beneficiarios 21. Por último, 24 dos proxectos seleccionados dispoñen dun equipo técnico con polo menos o 40% de presenza feminina.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta