As eleccións galegas: entre as decisións de Sánchez e os intereses do PPdeG

O presidente da Xunta insiste en "illar a Galicia" das decisións de Pedro Sánchez.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/11/2023 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

A posible investidura de Pedro Sénchez conmo presidente do Goberno español vai condicionar, dun xeito ou outro, as vindeiras eleccións en Galicia, previstas, inicialmente, para o verán do 2024.

Papeleta introducida nunha urna durante unha votación das eleccións
Papeleta introducida nunha urna durante unha votación das eleccións | Fonte: EP

O presidente da Xunta ten respondido por activa e pasiva que quere "estabilidade" no noso país a pesar de todo o que acontece en Madrid. Sempre que é preguntado ao respecto, insiste no mesmo argumento, "que se farán cando toquen".

E, este xoves, ao ser preguntado novamente por esta cuestión, a súa resposta volveu ser case a mesma. Nin confirma, nin desminte ningún adianto, pero deixa claro que, polo momento, quere "illar a Galicia" de todo o que acontece en Madrid.  "O pouco que coñezo do pacto máis me reafirma en illar a Galicia de toda estas concesións e tolerías nas que está o Goberno central: seguir gobernando con estabilidade en Galicia", dixo sen aclarar se isto supón ou non manter o calendario oficial das eleccións.

E EUSKADI?

En todo caso, a dedicisión vai depender, e moito, do que faga o leendakari Íñigo Urkullu. Tradicionalmente, Feijóo sempre fixo coincidir as eleccións galegas coas vascas. Se o presidente vasco adianta os seus comicios á primavera --unha das posibilidades que se manexan desde hai tempo--, non se descarta que o seu homólogo galego poida facer o mesmo. Pero, polo momento, o seu obxectivo é "illar a Galicia" de Madrid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta