Visibilizar a "impunidade masculina", obxectivo da campaña de Galiza Nova para o 25N

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2023 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Galiza Nova presentou este luns a súa campaña para o 25 de novembro, baixo a lema 'No seu sistema sobrevivimos nós. Traizoa o patriarcado e transforma ou mundo', que ten como principal obxectivo visibilizar a "impunidade masculina" ante os actos de violencia contra as mulleres, e o seu exercicio como "reforzo do sistema capitalista, do que ningunha de nós é allea". A responsable nacional de Mulleres de Galiza Nova, Erea Branco, destacou tamén que este ano, desde a organización, quixeron cambiar a perspectiva coa que adoita mirarse o 25 de novembro "para falar da impunidade masculina" e de como esta lle afecta ás mulleres.

Branco engade que debido á "especie de desculpa divina" que relativiza e "fainos xustificar" a violencia que exercen os homes contra as mulleres, a campaña ten unha dobre vertente. Unha parte está exclusivamente destinada aos homes, chamándoos a non ser cómplices do patriarcado, e outra destinada exclusivamente ás mulleres, alentándoas a organizarse para construír un mundo libre de violencia. 'No seu sistema sobrevivimos nós. Traizoa o patriarcado e transforma o mundo' comeza este luns e continuará durante todo o mes de novembro con actos nas principais cidades da comunidade, mesmo despois do 25 de novembro, participación nas mobilizacións do propio día e a difusión de distinto contido en redes sociais.

Mulleres cos carteis da campaña na súa presentación
Mulleres cos carteis da campaña na súa presentación | Fonte: GALIZA NOVA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta