Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2023 | Actualizada ás 20:38
Un pico de tensión afectou na tarde deste martes á central de procesamiento de datos do Servizo Galego de Saúde, provocando a caída de todo o seu sistema informático.
Segundo confirmaron a Europa Press fontes da consellería de Sanidade, a orixe do fallo foi un problema no sistema eléctrico, un pico de tensión, que afectou á central de procesamiento de datos ao redor das 18,00 horas.
Aínda que se traballa no restablecemento dos sistemas, que será paulatino, diferentes fontes do ámbito sanitario confirmaron a Europa Press que sobre as 20,00 horas continuaban inactivos os accesos de diferentes servizos a historias clínicas dos pacientes, receitas ou tramitación de baixas. A propia web institucional chegou a verse afectada durante a tarde.
O groso da actividade sanitaria ordinaria prodúcese de mañá, antes da caída do sistema, pero, aínda así, este feito tivo especial incidencia en servizos de urxencias e emerxencias e PAC, centros de saúde con actividade de tarde e vacunódromos, onde estes días se administran as vacinas contra a covid e a gripe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.