Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2023 | Actualizada ás 12:02
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, admitiu "problemas" no servizo ferroviario, pero apelou ao "reforzo de medios materiais" no que traballa, segundo manifestou, o Executivo central de face a solucionar as incidencias que se rexistran.
Así o asegurou, a preguntas dos xornalistas nunha visita ao IES Rosalía Mera, despois de que unha incidencia na infraestrutura que xestiona Adif na Coruña afectase a varios trens á primeira hora deste martes e xerase atrasos.
En concreto, a incidencia afectou a dous 'Avant' que saían da Coruña cara a Ourense e ao primeiro servizo de media distancia entre A Coruña e Vigo. Sobre estes feitos e outras denuncias na mesma liña, o delegado do Goberno manifestou que mantivo xa reunións con usuarios de media distancia deste servizo ferroviario, á vez que admitiu "problemas" que vinculou co "uso intensivo dun medio de transporte público e bonificado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.