Persoal da Administración galega concéntrase ante a Xunta para reclamar unha xornada de 35 horas

A CIG convoca esta protesta para reclamar tamén un concurso de traslados aberto e permanente, e un novo sistema de promoción interna.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2023 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

Decenas de traballadores públicos autonómicos participaron este mércores nunha concentración, convocada pola CIG, ante as dependencias da Xunta en San Caetano (Santiago), para urxir a aplicación da xornada de 35 horas para todo o persoal da Administración galega, así como un concurso de traslados aberto e permanente, e un novo sistema de promoción interna na función pública.

Estas son o "tres cousas básicas" que reclama a CIG-Autonómica, segundo explica a Europa Press o seu responsable de Organización, Alexandre Prieto, quen indica que estas accións de protesta perseguen que a Administración "espabile" e vaia "adaptando a xornada" á redución que acometerá o novo Goberno central de PSOE e Sumar.

De feito, é unha "reivindicación histórica da CIG" e algo que xa se está aplicando "en determinados colectivos" de empregados públicos autonómicos, como os das oficinas de turismo, máis aló dos profesores e os do Servizo Galego de Saúde (Sergas), ámbito onde estará aplicada a xornada semanal de 35 horas no ano 2025. Con todo, os traballadores comúns da administración segue coas 37,5 horas, é dicir, teñen agora unha xornada de 7,5 horas ao día. A terceira petición pasa por un cambio no sistema de ascenso por promoción interna, xa que as probas que convoca a Xunta "son tan duras como as de acceso libre" e supoñen examinar a funcionarios sobre temas dos que "xa demostrou capacidades". Fronte a este modelo, a CIG suxire unha vía alternativa como a formación e a valoración de anos de servizo. "O sistema actual non funciona", insiste Alexandre Prieto.

Concentración fronte ás dependencias da Xunta para urxir a xornada de 35 horas para todo o persoal autonómico. CIG
Concentración fronte ás dependencias da Xunta para urxir a xornada de 35 horas para todo o persoal autonómico. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta