Unha persoa ferida despois dunha colisión entre un coche e un camión en Padrón

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2023 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida na tarde deste mércores tras chocar o coche que conducía contra un camión de transporte de penso na localidade coruñesa de Padrón. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 17,00 horas no quilómetro 76 da N-550, ao seu paso pola Escravitude.

Ata a zona desprazáronse efectivos do GES de Padrón, Garda Civil de Tráfico e Policía Local, así como do Servizo Municipal de Protección Civil e mantemento de vías. Os membros do GES comunicaron ao 112 que a persoa que viaxaba no turismo estaba atrapada no seu interior, polo que foi preciso o uso de material de excarceración para extraer a porta e liberar á persoa. Posteriormente, foi atendida por persoal sanitario do 061.

Garda Civil Tráfico
Garda Civil Tráfico | Fonte: GARDA CIVIL DE TRÁFICO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta