Os mergulladores da Garda Civil atopan o corpo sen vida do home desaparecido en Porqueira

O home de 90 anos foi localizado no interior do seu vehículo no río.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2023 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil localizou no interior do vehículo no río o corpo sen vida do home de 90 anos desparecido, desde o pasado venres, no municipio ourensán de Porqueira. Segundo informou o 112, atopárono nunha zona moi próxima onde sospeitan que a vítima puido caer e os traballos de rescate foron laboriosos debido á situación e á corrente que leva o río.

GEAS na procura do veciño de Porqueira desaparecido./GARDA CIVIL / Europa Press
GEAS na procura do veciño de Porqueira desaparecido./GARDA CIVIL / Europa Press

A última vez que viron ao home foi ás 15,00 horas do venres e foi un familiar o que interpuxo unha denuncia nesa mesma tarde. Desde ese momento, numerosos veciños e servizos de emerxencias buscaron ao home.No operativo empregaron medios acuáticos, aéreos e terrestres pola zona, arredores e concellos limítrofes. Ademais, o día da desaparición o efectivo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Muíños peitearon o río.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta