O PP pide saber máis das medidas que garanten a custodia dos votos por correo en Castro Caldelas

Os populares solicitan ao Executivo unha explicación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2023 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O PP pide ao Goberno que explique as medidas adoptadas por Correos para garantir a custodia dos votos na repetición das eleccións locais en Castro Caldelas, que se celebrarán o vindeiro domingo 26 de novembro. Así, nunha iniciativa parlamentaria que asinan todos os deputados galegos no Congreso, os populares tamén interpelan ao Executivo sobre a investigación aberta ao redor da "suposta trama de fraude de voto por correo" neste municipio ourensán.A deputada por Ourense Ana Vázquez lembra que a repetición das eleccións locais débese a unha resolución da xunta electoral ao entender que se rompeu a cadea de custodia dos votos emitidos por correo e que se deixaron de contabilizar 118.

Ademais, a xunta electoral de zona comunicou ao xulgado de Primeira Instancia e Instrución da Pobra de Trives unha suposta fraude no voto por correo nunha residencia de maiores de Castro Caldelas. Neste sentido, a deputada reclama coñecer a información relativa á incidencia comunicada por Correos e pide "dar luz ao caso".

ELECCIÓNS O DOMINGO

O municipio ourensán de Castro Caldelas repetirá o vindeiro domingo as eleccións municipais como decretou a xunta electoral ao estimar que se rompeu a custodia e que non se contabilizaron un total de 118 votos por correo. Os veciños desta localidade poderán exercer o seu dereito ao voto no tres mesas que se habilitan no municipio e que estarán situadas no Centro de Saúde, no colexio e no Concello entre as 9,00 e as 20,00 horas. A actual alcaldesa en funcións, a socialista Sara Inés Veiga, obtivo a maioría absoluta ao lograr cinco concelleiros por 27 votos, mentres que o PP obtivo catro edís.

Voto por correo. Foto de arquivo.
Voto por correo. Foto de arquivo. | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta