Galicia reclama unha campaña sobre o perigo de trasladar os estereotipos do porno á vida sexual

A Cámara galega aprobou co respaldo dos tres grupos que a integran (PP, BNG e PSdeG) reclamar ao Goberno autonómico a elaboración antes do próximo verán dunha guía sobre sexualidade con material informativo e recursos para as familias, así como a posta en marcha dunha campaña que alerte dos "perigos" que supón o consumo de pornografía á hora de trasladar os estereotipos sobre as violencias cara ás mulleres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2023 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

A Cámara galega aprobou co respaldo dos tres grupos que a integran (PP, BNG e PSdeG) reclamar ao Goberno autonómico a elaboración antes do próximo verán dunha guía sobre sexualidade con material informativo e recursos para as familias, así como a posta en marcha dunha campaña que alerte dos "perigos" que supón o consumo de pornografía á hora de trasladar os estereotipos sobre as violencias cara ás mulleres.

A iniciativa, levada polo Grupo Socialista á sesión plenaria celebrada este mércores no Pazo do Hórreo, saíu adiante co voto favorable de todo o hemiciclo despois da modificación dun dos seus puntos que, a proposta do PP, cambia o período temporal para a creación da guía informativa para pedir que estea lista no primeiro semestre do próximo ano.

En concreto, a proposición non de lei defendida na xornada do martes pola deputada socialista Noa Díaz, demanda o cumprimento da Lei de garantía integral de liberdade sexual (coñecida como a Lei do 'só si é si') que determina a obrigación das administracións con competencias en Educación, como é o caso da Xunta, a integrar nos currículos educativos a educación afectiva e sexual.

Así, os grupos tamén apoiaron que a Administración autonómica lance unha campaña de "gran alcance" co obxectivo posto en concienciar á mocidade galega sobre o impacto que ten o consumo de pornografía na asunción de determinados comportamentos que supoñen violencias sobre as mulleres, como advertiu Galicia Confidencial hai uns días. A campaña, segundo o texto aprobado por unanimidade, deberá facerse para a súa difusión en "todos os soportes", ademais de ser remitida a centros educativos, concellos e todas as entidades e organizacións que o soliciten.

REXEITAMENTO A UNHA "MACROENQUISA"

Doutra banda, nun pleno cun importante peso do debate virando sobre a iguladade na sesión celebrada ás portas do Día para a Eliminación das Violencias contra as mulleres que ten lugar o 25 de novembro, os votos contrarios do PP tombaron unha iniciativa do BNG que pedía, entre outras cuestións, a elaboración dunha "macroenquisa" de carácter bianual sobre violencia machista e a súa percepción na sociedade.

Despois de que a parlamentaria nacionalista Noa Presas defendese que a proposición ía encamiñada a facer que a Xunta "abandonase" o "modelo da abstracción" para iniciar un camiño de "concreción" en políticas que dean cumprimento á "axenda feminista"; a deputada do PP Noelia Pérez replicou que a iniciativa do BNG era "un clásico das semanas do 25 de novembro".

Así, na xustificación ao seu 'non' á proposta, a popular sinalou que o Instituto Galego de Estatística xa realiza un estudo sobre violencia machista "porque o incorporou" o seu partido, á vez que subliñou os orzamentos da Xunta dedican "máis do 2 %" do seu total a accións orientadas a combater a violencia de xénero.

Unha parella de mozos goza dun asollado día sentados no céspede
Unha parella de mozos goza dun asollado día sentados no céspede | Fonte: Eduardo Parra - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta