Detidos os dous homes que asaltaron por encargo cunha pistola unha vivenda en Marín no mes de outubro

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 28/11/2023 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

Dous homes foron detidos pola Policía Nacional como presuntos responsables dun asalto a unha vivenda de Marín que realizaron por encargo e no que empregaron un arma de fogo que chegaron a detonar en varias ocasións para intimidar aos ocupantes da casa. O roubo produciuse o pasado 22 de outubro en Seixo na vivenda dunha familia á que os asaltantes accederon por encargo dunha terceira persoa, segundo informou este mércores a Comisaría da Policía Nacional de Marín.

Despois de recibir a alerta, unha patrulla desprazouse á zona para auxiliar ás vítimas e solicitar os primeiros datos de face á investigación e identificación dos resposables, que abandonaron nas proximidades do centro urbano de Marín o vehículo no que se moveron para realizar o atraco. Os axentes localizaron luvas e pasamontañas no interior do coche, situado nunha zona na que se recuperaron varios cartuchos de arma de fogo supostamente ligados aos feitos.

Deste xeito, o primeiro dos autores materiais do asalto foi identificado e detido, o que levou aos investigadores a determinar que había unha segunda persoa implicada nuns feitos realizados por encargo de terceiros. Finalmente, o segundo asaltante foi localizado e arrestado no municipio pontevedrés de Sanxenxo nunha acción realizada en coordinación con outras forzas da orde por parte da Policía Nacional.

Coche da Policía
Coche da Policía | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta