O gasto da industria galega en protección ambiental cae a unha cuarta parte do que se gastaba en 2019

Sobe en 2021 respecto de 2020, pero esborrállase fronte a 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2023 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

O gasto en protección ambiental da industria galega situouse en 171,2 millóns de euros durante o ano 2021, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este xoves. Esta cifra é un 13% superior aos 151,5 millóns de 2020, con todo, está lonxe dos 260,7 millóns que dedicou a industria galega a protección ambiental en 2019, un 34% de diferenza fronte a 2021.

Vista da central térmica das Pontes
Vista da central térmica das Pontes | Fonte: Carlos Castro

Esta estatística do INE presenta o gasto en protección ambiental, tanto os gastos correntes como os de investimento, que realiza o sector industrial para evitar, reducir ou eliminar a contaminación resultante do desenvolvemento da súa actividade (emisións de contaminantes ao aire, contaminación acústica, tratamento das augas residuais e residuos sólidos xerados).

Por comunidades, o gasto ambiental da industria galega ocupa o oitavo posto. Á cabeza está Cataluña (726,7 millóns), seguida de Comunidade Valenciana (392 millóns) e Andalucía (390 millóns). Á cola atópase Baleares (16,6 millóns).

O gasto total de 171,2 millóns que dedica a industria galega repártese entre 132,9 millóns de gasto corrente e 38,3 millóns de investimentos. Eses 38 millóns en investimentos son máis que os 35,9 millóns de 2020, aínda que é unha cuarta parte dos 148,8 millóns que se achegaron a este fin en 2019.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta