Rueda destaca a "profesionalización" da Xunta en apagar incendios tras as críticas do acontecido en Baleira

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/11/2023 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

Ramón Ignacio Sánchez Álvarez, xefe do distrito forestal VII-Fosagrada-Os Ancares, denunciaba este mércores os erros importantes que houbo no operativo de loita contra o lume de Baleira que arrasou 1.600 hectáreas o 28 de marzo de 2023.

Dous homes e un garda forestal observan o monte queimado polo incendio forestal en Baleira
Dous homes e un garda forestal observan o monte queimado polo incendio forestal en Baleira | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

"Foron moitas cousas as que xogaron na nosa contra aquel día", entre eles, unhas condicións climáticas excepcionais para a época do ano, unha época na que os medios de extinción están dispoñibles a medio gas, pois considérase tempo de baixo risco.

Por aquel entón a influencia dun anticiclón seguido da chegada dunha borrasca e da humidade contida na vexetación deron como resultado un nivel de risco baixo, calculado, como despois se viu, con certos erros. Así, lembrou que as instrucións á hora de abordar o lume non foron de todo as idóneas e, dentro dos efectivos de loita, había xente sen experiencia en tratar con grandes incendios. Todos estes e moitos outros motivos fixeron que a cousa rebordara.

Preguntado por estas críticas, o presidente galego dixo "descoñecelas". Pero, en todo caso, aproveitou para destacar o traballo e a profesionalidade coa que Medio Rural atalla os lumes en Galicia. "Respectando esas declaracións, se por algo se caracteriza o sistema de extinción de Galicia, que é custoso e profesionalizado, e por desgraza probado, por experiencias en tremendos incendios durante moitos anos é pola súa profesionalización", dixo. "Non sei se houbo erros concretos ou non aí, pero en Medio Rural pódenlle informar", dixo a Galicia Confidencial ao ser preguntado ao respecto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta