Besteiro avoga pola reindustrialización de Galicia da man da enerxía e pon a Urovesa como exemplo

Apuntou que Urovesa "coincide co novo ideal de empresas" que está impulsado o Goberno de Pedro Sánchez co obxectivo de "volver a que Europa sexa centro de produción intelixente e verde".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 01/12/2023 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O candidato socialista a Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, apostou este venres polo proxecto socialista de reindustrialización de Galicia "da man da enerxía, do I+D+i e das novas tecnoloxías". O tamén deputado no Congreso pola provincia de Lugo visitou este venres xunto ao delegado do Goberno, Pedro Blanco, a sede de Urovesa, en Valga, unha empresa que destacou como "o mellor exemplo da aposta do Goberno polo I+D galego e a automoción".

Besteiro apuntou que Urovesa "coincide co novo ideal de empresas" que está impulsado o Goberno de Pedro Sánchez co obxectivo de "volver a que Europa sexa centro de produción intelixente e verde". O tamén deputado socialista apostou por empresas que demostren "capacidade de adaptación e de crecer creando emprego", ata o punto de erixirse en "referencia nacional e internacional", como neste caso.

Ademais, apoiou iniciativas como esta compañía galega, URO Vehículos Especiais S.A., especializada na construción de vehículos especiais e de gran tonelaxe, que "avanza cos tempos" e conseguiu "prestixio recoñecido". Besteiro destacou a súa adaptación á reindustrialización en base ao coñecemento e o crecemento intelixente e a dixitalización cunha aposta pola tecnoloxía de primeira orde.

Segundo indicou, a empresa é referencia tamén pola súa "proxección" nos servizos públicos, pola súa relación coas comunidades autónomas, as deputacións e os concellos á hora de impulsar un sistema industrial de automoción "moi presente" na vida cotiá dos cidadáns. A compañía galega deseñou para o Ministerio de Defensa unha variante do seu vehículo estrela, un todoterreo dotado dun sistema de propulsión mediante pila de combustible de hidróxeno que o propio Besteiro tivo a oportunidade de probar durante a súa visita.

PERTE DO VEHÍCULO ELÉCTRICO

Ademais, é unha das 21 empresas que integran o proxecto SoNNMESyC, beneficiario da primeira convocatoria do programa de axudas á cadea de valor do Perte do Vehículo Eléctrico. Esta iniciativa recibirá un total de 32,8 millóns, dos que 22,5 son axudas e outros 10,3 proceden de préstamos.

José Ramón Gómez Besteiro visitou a sede da empresa en Valga xunto co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, e o deputado no Congreso, David Regades, onde foron recibidos prol o conselleiro delegado de Urovesa, Xusto Sierra, e outros representantes da directiva.

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, visita a sede de Urovesa, en Valga, onde proba un dos vehículos que fabrica a compañía
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, visita a sede de Urovesa, en Valga, onde proba un dos vehículos que fabrica a compañía | Fonte: PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta