Na sesión de control, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, deberá responder as preguntas dos líderes do BNG, Ana Pontón, e do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sobre as políticas de vivenda e as relacións cos concellos, respectivamente.
  comenta   0
O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, anunciou este luns que a comisión de avaliación aprobou 12 novos proxectos tractores provisionais da convocatoria da liña 1 do Perte de Descarbonización Industrial, con axudas por un valor de 123,4 millóns de euros.
  comenta   0
Segundo advertiu a CIG, o novo director da planta viguesa anunciou unha profunda transformación "que pasa pola deslocalización" de produción a países como Marrocos, Portugal, Turquía, Alxeria ou Polonia, e por un "proceso de reconversión".
Galicia foi a terceira comunidade autónoma con maior volume de subvencións recibidas no marco do Perte Agro, cun total de 16 empresas beneficiarias e unha partida acumulada de máis de 14 millóns de euros.
  comenta   0
Segundo explica Ulloa Viva nun comunicado, informaron a Narbona dos "graves impactos ambientais que causaría a instalación dunha macrofábrica de celulosa na comarca da Ulloa".
  comenta   0
Ferroglobe recibe unha das axudas máis altas de todo o Estado, con 11,7 millóns de euros para a planta de Arteixo. Esta produtora de silicio metalúrxico e outro tipo de aliaxes pretende a instalación dun forno ou reactor vertical eléctrico de biocarbón na fábrica para substituír o carbón de orixe fósil por carbón vexetal.
  comenta   0
Pide que se dea prioridade á preservación ambiental e á protección da actividade socioeconómica, optando por proxectos que favorezan un desenvolvemento sustentable en Galicia, "en lugar de financiar a instalación dunha pasteira que, certamente, causará un tremendo impacto ambiental e que está a xerar rexeitamento do conxunto da sociedade galega".
Pazos Couñago pide o "apoio dos galegos" o 9X para que a PPE obteña unha "gran maioría" que sexa "útil" para Galicia.
  comenta   0
O Ministerio de Industria publica a resolución provisional, na que Gestamp obtén case a metade dos fondos desta liña
Nove dos 14 proxectos prontevedres financiados desenvolveranse no marco do proxecto tractor impulsado por Navantia-Pymar e dirixido ao desenvolvemento do ecosistema estaleiro
  comenta   0
A medida está aberta a empresas de todos os tamaños, legalmente establecidas e debidamente rexistradas en España, que operen no sector da transformación de produtos da pesca e a acuicultura
  comenta   0
O BNG reclamará na próxima sesión de control ao Goberno no Senado que manifeste a súa oposición ao proxecto e que quede excluído das axudas PERTE de descarbonización industrial.
  comenta   2
A Xunta asegura que o borrador deste plan director, que estaba incluído no programa electoral dos populares, presentarase "antes do verán" ao tecido produtivo para que faga as súas achegas.
  comenta   0
O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, asegurou este martes no Senado que o Goberno executou en Galicia un investimento de 1.700 millóns de euros nos últimos cinco anos, sumando os investimentos dos diferentes Perte, as liñas de apoio industrial, e os investimentos nas fragatas da serie F-110.
  comenta   0
A secretaria de Estado de Industria confirma que a multinacional presentou solicitude ao Perte de descarbonización
O ministro de Industria, Jordi Hereu, sinalou que "a colaboración entre sectores público e privado será esencial para o éxito do Perte, promovendo o investimento en infraestruturas sustentables".
  comenta   0
Aínda que existe un PERTE Agroalimentario, quedan excluídas os investimentos de actividades industriais relativas á pesca e a acuicultura. "É dicir, ningunha fábrica do complexo mar-industria púidose beneficiar o PERTE Agroalimentario no apartado de investimentos, pero tampouco do resto de PERTE", apuntaron desde Anfaco.
  comenta   0
Apuntou que Urovesa "coincide co novo ideal de empresas" que está impulsado o Goberno de Pedro Sánchez co obxectivo de "volver a que Europa sexa centro de produción intelixente e verde".
  comenta   0