Rueda suxire que foi unha decisión política deixar a Altri sen fondos europeos

Di que a vicepresidenta, Yolanda Díaz, "non foi neutra" nesta decisión.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/04/2025 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

"Que un anuncio dese calado o saibamos pola vicepresidenta xa di moito, aínda que logo diga que ela é neura nesta decisión". Así se referiu o presidente Rueda a deixar á megacelulosa Altri sen axudas do Perte industrial. E, aínda que non quixo pronunciar a palabra "decisión política", si evitou defender o traballo dos técnicos do Goberno central que avalaron esta decisión, como si volveu facer cos técnicos da Xunta que aprovaron os informes de impacto ambiental.

Dúas persoas durante unha nova manifestación contra Altri, a 22 de marzo de 2025, na Pobra do Caramiñal
Dúas persoas durante unha nova manifestación contra Altri, a 22 de marzo de 2025, na Pobra do Caramiñal | Fonte: Elena Fernández - Arquivo

Neste sentido, o presidente galego aludiu a unha das argumentacións --non todas-- aducidas polo Goberno central para non conceder estas axudas; a imposibilidade de cumplir os prazos previstos. "Dada a tardanza nas adxudicacións, a ver se outras industrias que si recibirán as axudas van poder xustificar prazos", dixo 

O presidente galego volveu a cargar contra Yolanda Díaz por anunciar, a través das redes sociais, unha decisión tan importante. "O que critico son as declaracións da vicepresidenta, que xa hai tempo que se leva opoñendo a esta industria. Non foi imparcial neste asunto", indicou. E, como xa fixo en máis ocasións, volveu insistir nun informe, dixo, o da DIA, que foi avalado por "máis de 40 técnicos".

FONDOS

Tras a retirada dos fondos por parte do Goberno central, Rueda volveu confirmar, tamén, que non serán "compensados" con fondos da Xunta. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta