Denuncian que Caetano Fórmula comunicou o despedimento do persoal de Caeiro en Ribeira un mes despois da compra

A CIG anuncia un calendario de mobilizacións contra o peche e os despedimentos e esixirá a recolocación do persoal nos centros de traballo máis próximos que teña a empresa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2023 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

A CIG denuncia que Caetano Fórmula Galicia comunicou o despedimento do persoal de Caeiro de Ribeira menos dun mes despois de comprala.

Segundo explica, Caetano Fórmula Galicia S.L, con centros de traballo en Pontevedra, Vilagarcía, Lugo e A Estrada, tanto de Dacia como de Renault en Galicia, adquiriu o pasado 6 de novembro M. Caeiro S.A., con centros de traballo en Ferrol, A Coruña, Santiago e Ribeira.

"A nova empresa subrogó inicialmente a todo o persoal. Con todo, desde entón xa empezou a facer despedimentos en todos os centros de traballo e comunicou ao persoal de Ribeira o peche das instalacións o próximo 13 de decembro", apunta.

Engade que Caetano acompañou esta comunicación dunha carta de despedimento para os sete traballadores do centro, "sen darlle a posibilidade de ser recolocados en calquera dos outros centros de traballo que posúe esta empresa na actualidade".

Ante esta situación, a CIG anuncia un calendario de mobilizacións contra o peche e os despedimentos e esixirá a recolocación do persoal nos centros de traballo máis próximos que teña a empresa.

Concesionario do Grupo Caeiro en Ribeira
Concesionario do Grupo Caeiro en Ribeira | Fonte: Google Maps.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta