Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2023 | Actualizada ás 20:20
Ventos e choivas marcaron a tarde deste domingo na maior parte de Galicia, na que o refacho máis forte de vento rexistrouse no municipio ourensán da Veiga, con 131,4 quilómetros por hora, e a maior cantidade de auga caída na localidade coruñesa de Santa Comba, con 44,4 litros por metro cadrado.
Así, os fortes ventos tamén se deixaron notar en puntos da Coruña como Carnota ou Cedeira -- 123,2 e 122,9 km/h, respectivamente sobre as 19,15 horas-- ou no municipio pontevedrés de Cuntis --118,3 km/h --. Ademais, superáronse os 100 quilómetros por hora en Cuntis, Viveiro, Vimianzo ou Muras.
En canto ás choivas, a zona máis afectada foi a de Santa Comba, onde Meteogalicia notificou que caeron 44,4 litros por metro cadrado. A continuación sitúase Lousame, con 37,3, ou Rois, con 35,7. Outros municipios que roldaron os 30 litros de auga por metro cadrado foron Lousame e Carnota.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior mantiña activada este domingo unha alerta laranxa por temporal costeiro que afectarí desde este mediodía ao litoral da Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.