O Sindicato Labrego Galego denuncia o "descoido" da Xunta na atención ás persoas dependentes

"Galicia é a comunidade autónoma onde unha menor porcentaxe solicita este servizo", aseguran.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2023 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denunciou un "descoido continuado" da Xunta na xestión do servizo de atención ás persoas dependentes. Nun comunicado, afirma que, segundo o Observatorio da Dependencia, "o 35% das persoas que abandonaron a lista foi por falecemento, non por acceso a servizo".

"Galicia é a comunidade autónoma onde unha menor porcentaxe de persoas potencialmente dependentes solicita este servizo", apostila.

A vogal do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) no Consello Galego de Benestar, Margarida Prieto, alerta de que "a Xunta de Galicia está a disimular con modificacións lexislativas o seu reiterado descoido da xestión dun servizo social tan sensible como é a atención ás persoas dependentes". Por outra banda, denuncia "unha infíma dotación económica" por parte tanto do Estado como da comunidade autónoma que, engade, "está a agravar a situación de vulnerabilidade" destas persoas e as súas familias.

Atención a persoas dependentes
Atención a persoas dependentes | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta