A Xunta ábrese a negociar o sistema de avaliación de doutores que rexeitan os colexios médicos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2023 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou a súa disposición a sentar a renegociar o sistema de avaliación de méritos para doutores que queiran promocionar ante a oposición ao modelo manifestada polos colexios médicos. En resposta ás preguntas dos xornalistas durante a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta celebrada este xoves, o mandatario autonómico sinalou que a Xunta está disposta a "escoitar" aos colexios e estudar se se pode "axustar" o sistema que deixa en mans doutros médicos a avaliación de méritos para a carreira profesioanl.

Segundo Rueda, trátase dunha "pequena parte" da avaliación que foi negociada cos representantes sindicais pero que se topou co 'non' dos colexios médicos, polo que se mostrou aberto a sentar a negociar para tratar de alcanzar "un acordo con todos os afectados". Neste sentido, expresou que tamén ten constancia de que "algún sindicato médico" tamén manifestou a súa "desconformidade" cun proceso que, como resaltou, "é o mesmo que se aplica noutros sistemas de avaliación de carreiras profesionais". En todo caso, abriu a porta a sentar con todos os actores para buscar "acomodar todas as sensibilidades" en torno ao sistema.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa | Fonte: DAVID CABEZÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta