O SLG acusa á Xunta de non ter pagado nada das axudas da PAC a pesar dos anuncios nos medios de comunicación

A Xunta tacha de "irrespetuosas" as acusacións e di que "faltan por completo á verdade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2023 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denuncia que "a Xunta non só non adiantou a PAC, senón que as granxas nin sequera cobraron este mes".

En comunicado, o Sindicato Labrego lembra que a Xunta anunciou a mediados do mes pasado que Galicia "ía estar entre as primeiras comunidades en pagar os anticipos das axudas da Política Agraria Común (PAC)". "Mesmo se aventurou a gabar de que o Fogga realizaría o pago do 70% da axuda total no anticipo e do 90% nas axudas do saldo", reproba.

"Chegado o mes de decembro, constatamos que, unha vez máis, asistimos á instrumentalización dos medios de comunicación por parte do Goberno galego con fins propagandísticos, á vez que dá unha falsa imaxe de apoio ao sector primario mentres seguimos padecendo o peche continuado de granxas galegas", sostén.

O Sindicato Labrego responsabiliza á Consellería de Medio Rural destes atrasos no cobro da PAC, que "se deben precisamente" a que "non fixo os controis que esixe a normativa para poder facer eses anticipos". "Queremos expresar a nosa preocupación pola posibilidade de que o mal proceder da Consellería poida afectar os pagos, pondo en risco o cobro do mes de decembro", apostila.

O Conselleiro Do Medio Rural, José González
O Conselleiro Do Medio Rural, José González | Fonte: XOÁN CRESPO

BESTEIRO

Tamén o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este luns no Lugo o "absoluto descontrol" do Executivo autonómico á hora de facer fronte ao pago dos 180 millóns de euros de anticipo das axudas da Política Agraria Común (PAC) que debe aos gandeiros galegos desde "o 1 de decembro".

"A mediados de outubro o PP xa podería pagar o 70% do anticipo da PAC, un total de 130 millóns, e o 1 de decembro tería que pagar o que faltaba ata completar os 180 millóns. En lugar diso, os gandeiros galegos só recibiron 48 millóns", explicou Besteiro, no marco dun encontro mantido con máis dun centenar de representantes do sector no hotel Torre de Núñez.

"FALTAN Á VERDADE"

Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural tacha de "irrespetuosas" as acusacións do SLG e di que "faltan por completo á verdade". Por iso, pídelle "responsabilidade á hora de lanzar mensaxes que poidan xerar preocupación entre os agricultores e gandeiros ao redor deste asunto".

O Goberno galego defendeu que xa abonou case 44 millóns de euros en outubro e novembro en concepto de achegas da PAC. Ademais, nesta semana vaise a iniciar o pago doutros 96 millóns de euros máis, "co que o volume de pagos na campaña PAC 2023 ascenderá, ao terminar o ano, a 140 millóns".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta