A DGT prepara unha campaña especial para o Nadal centrada nas zonas de ocio

Fano polo consumo de alcol e drogas que se fai nestas zonas e que están detrás dun terzo de accidentes mortais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2023 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A Dirección General de Tráfico (DGT) centra en zonas de lecer a súa nova campaña especial de control de consumo de alcol e presenza de drogas en condutores, unha iniciativa que se estenderá ata o domingo, 17 de decembro.

Debido ás datas de Nadal, a campaña terá especial incidencia nas zonas de lecer, moitas delas de ámbito urbano, polo que promove a implicación dos concellos e policías locais. Para a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, "ao volante, a única taxa realmente segura é 0,0 g/l" polo que apelou á "responsabilidade" da cidadanía e á prudencia.

Así o manifestou na presentación deste dispositivo na zona de O Carballo, no municipio coruñés de Oleiros, tras lembrar que o consumo destas sustancias, a velocidade e non levar posto o cinto de seguridade son os principais factores de risco na estrada.

O obxectivo é concienciar sobre os riscos de consumo de alcol e drogas ao volante que "está presente nun terzo dos accidentes mortais como factor concorrente ou causante". Durante a mesma campaña realizada o pasado ano por estas datas en Galicia, na provincia da Coruña controláronse 12.312 condutores e resultaron sancionados 324, dos cales 208 foron positivos en alcol, 18 deles considerados delito, e 116 en drogas.

Interior dunha discoteca
Interior dunha discoteca | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta