Galicia é a comunidade na que menos aumentan os pasaxeiros de bus urbano en outubro

.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2023 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 5,6 millóns de pasaxeiros de bus urbano en outubro, o que supón un 16,3% máis que no mesmo mes de 2022, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este mércores.

Este incremento é o menor de todas as comunidades, cinco puntos porcentuais por baixo do 21,7% da media española. No outro extremo destaca Canarias, cun incremento dun 39,4%. No que vai de ano, entre xaneiro e outubro, hai un repunte do 18,5% en Galicia, tamén inferior á media estatal (23,1%). Esta alza é a segunda menor entre autonomías, só por encima de Cataluña (16,2%) e mesma taxa que Aragón.

O INE non publica datos de Illas Baleares, Cantabria, Comunidade Foral de Navarra e A Rioxa e das cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Parada de bus
Parada de bus | Fonte: XOÁN CRESPO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta