As axudas para fillos menores de 30 de vítimas mortais por violencia de xénero poderán solicitarse desde este xoves

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2023 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores unha nova convocatoria de axudas dirixida aos fillos menores de 30 anos de vítimas mortais por violencia de xénero e a mulleres que resultaron gravemente feridas como consecuencia dunha agresión. O orzamento destas indemnizacións para 2024 ascende a 70.000 euros, ampliables en funcións das necesidades, e os apoios poderán solicitarse desde este xoves ata o 30 de novembro de 2024.

Os beneficiarios recibirán 7.000 euros nunha única achega e poderán obter a axuda cada un dos fillos da vítima mortal de violencia de xénero que en data do falecemento da nai sexan menores de idade e convivisen con ela, independentemente da renda familiar. Ademais, está prevista indemnización para os descendentes maiores de idade ata 30 anos, que dependesen economicamente da nai e/ou do pai agresor sen recibir rendas ou que, en computo anual, non superen o equivalente a 12 meses do Iprem.

No caso das mulleres feridas polas agresións, a Xunta indemnizará ás afectadas por lesións que requiran de hospitalización e que, na data das mesmas, sexa maiores de idade ou emancipadas, con residencia en Galicia e que se atopen en situación de precariedade económica. Desde o ano 2019, cando se publicou por primeira vez esta actuación, a Xunta apoiou con esta iniciativa a un total de 21 persoas (10 orfos e 11 mulleres).

Manifestación contra a violencia de xénero
Manifestación contra a violencia de xénero | Fonte: Javier Vázquez - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta