Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2023 | Actualizada ás 13:42
A farmacéutica María del Carmen Barciela, esposa do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, faleceu este xoves aos 55 anos de idade como consecuencia dunha enfermidade.
O conselleiro xa suspendera este mércores a súa presenza nun acto da súa axenda oficial e este xoves non asistiu á reunión semanal do Consello da Xunta.
Xullo García Comesaña foi o principal rostro da xestión da pandemia de covid-19 en Galicia, dado que leva á fronte da carteira de Sanidade desde setembro de 2020, cando foi nomeado polo expresidente Alberto Núñez Feijóo. O actual titular da Xunta, Alfonso Rueda, iniciou este xoves a rolda de prensa posterior ao Consello cunhas condolencias de parte de todo o Goberno autonómico e enviando "un abrazo moi grande" para García Comesaña e toda a familia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.