Atopan ao mozo de 25 anos que levaba 10 días desaparecido en Santiago

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2023 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Jorge Manuel Pérez Piñeiro, orixinario de Boiro pero residente en Santiago de Compostela, cuxa familia interpuxo unha denuncia para tratar de dar co seu paradoiro tras levar 10 días desaparecido, púxose este xoves en contacto coas autoridades para dicir que se atopa ben. A asociación SOS desaparecidos emitiu este xoves unha alerta para tratar de dar co mozo, de 25 anos, 1,90 de estatura e complexión grosa. A súa familia mantivera o último contacto con el o pasado 3 de decembro. As últimas informacións situábano residindo nunha vivenda ocupada en Compostela.

Mozo desaparecido en Santiago de Compostela desde o pasado 3 de decembro.. SOS DESAPARECIDOS
Mozo desaparecido en Santiago de Compostela desde o pasado 3 de decembro.. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta