Buscan un home de 55 anos desparecido en Pontevedra desde o pasado martes

O home sufriu o pasado martes un accidente de tráfico, aínda que non resultou ferido de gravidade, e foi trasladado ao Hospital Domínguez de Pontevedra, onde non chegou a ingresar.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/12/2023 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

A Asociación SOS Desaparecidos emitiu unha alerta para tratar de dar co paradoiro dun home de 55 anos desaparecido en Pontevedra desde o martes. Foi visto por última vez na contorna do Hospital Domínguez.

En concreto, trátase de José Campos Loureiro, un home de 1,75 metros de estatura, complexión grosa e con cabelo e ollos negros. Segundo SOS Desaparecidos, trátase dunha persoa de alta vulnerabilidade.

O home sufriu o pasado martes un accidente de tráfico, aínda que non resultou ferido de gravidade, e foi trasladado ao Hospital Domínguez de Pontevedra, onde non chegou a ingresar.

Aínda na ambulancia, manifestou que non quería ser atendido e á chegada ao centro sanitario escapou. A súa familia non sabe nada del desde entón.

Home desaparecido en Pontevedra desde o 12 de decembro.. SOS DESAPARECIDOS
Home desaparecido en Pontevedra desde o 12 de decembro.. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta