Xente de verdade

Gústame a xente que vibra, que non hai que empurrala, que non hai que dicirlle que faga as cousas, senón que sabe o que hai que facer e que o fai.... M.Benedetti

Por Fermín Paz | As Pontes | 20/12/2023

Comparte esta noticia
A compañeira Manuela Rochela Martínez deixounos, logo dunha longa viaxe de 99 anos e dun compromiso forte coa súa familia, a veciñanza, a Terra e a nosa organización. Hai pouco, o Colectivo de Pensionistas e Xubiladas da CIG de As Pontes, conformado por preto de 700 persoas, quixemos facerlle un recoñecemento a súa traxectoria.
 
Hai unha imaxe icónica de resistencia ás inxustizas na Nosa Terra. Dita imaxe foi feita, aínda en branco e negro, coas mulleres ao fronte empurrando os seus paraugas e caiados, para defenderse  diante da garda civil nunha das intentonas da toma de posesión das súas terras pola representación da "xustiza" e co aparello represor do poder a seu servizo. Manuela non aparece nesa foto mais si estivo na Bidueda en Espiñaredo (As Pontes), loitando conta Endesa polos mesmos feitos que a veciñanza de Meirama (Cerceda) contra Unión-Fenosa. As miñas lembranzas danlle acubillo a esa imaxe de cando saiamos do traballo e iamos na axuda solidaria daquela loita, que non so era criticada pola Empresa referenciada, senón tamén pola demais alternativas sindicais, empregando o falso argumento que a loita sindical tiña un marco exclusivo na fábrica. O SOG (Sindicato Obreiro Galego) e logo a ING (Intersindical Nacional Galega), non entendía nin practicaba a contradición de clases nese marco de confinamento, senón que sempre tivemos unha clara orientación  para a ligazón do concreto no mundo do traballo co proxecto estratéxico de construción da liberación nacional  e social e por iso, o noso arroupe a calquera loita popular.
 
Manuela Rochela entrou a traballar en Endesa vinculada a Ordenanza Laboral da Hostalería e tempo despois a representación sindical fomos quen de unificar a tódolos traballador@s no Convenio Colectivo (Ordenanza Eléctrica-Hostalería-Ensino), e mesmo recoñecer aos aprendices a súa condición de traballadores con pleno dereito. A súa vinculación co sindicalismo nacionalista tivo ese horizonte no tempo.
 
 Máis adiante, por coincidencias da vida, Manuela Rochela e Moncho Valcarce tiveron oportunidade de falar das súas experiencias e doutras cousas e eu, como testemuña, quixen poñelas en valor porque a xente de verdade leal a unha causa e a un proxecto, merecen  tal consideración.
 

Protesta de pensionistas e xubilados convocada pola CIG contra os 'abusos' das entidades bancarias.. CIG VIGO
Protesta de pensionistas e xubilados convocada pola CIG contra os 'abusos' das entidades bancarias.. CIG VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.