Sanidade pide ao Ministerio que permita a Galicia formar máis médicos de familia: só 100 dos 460 centros poden

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2023 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou este luns na reunión do Pleno de Recursos Humanos do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. Un encontro no que instou á ministra de Sanidade, Mónica García, a revisar de forma "urxente" o contido do Boletín Oficial do Estado (BOE) referido a a especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria, destacando a necesidade de flexibilizar os criterios de acreditación das unidades docentes.

Segundo detallou a Consellería, Comesaña explicou que a rixidez actual dos criterios de acreditación das unidades formativas provoca que dos máis de 460 centros de saúde cos que conta Galicia, soamente 100 teñan a posibilidade de forma novos especialistas. Así, o responsable de Sanidade cualificou como "fundamental" a revisión dos criterios para atender ás necesidades asistenciais que teñen todas a comunidade autónomas. Nesta liña, lamentou que desde 2018 os responsables sanitarios autonómicos estean a esperar polo cumprimento e a posta en marcha dos acordos alcanzados de maneira unánime co Ministerio de Sanidade.

URXENCIAS E EMERXENCIAS

Entre o conxunto de solicitudes da Xunta ao Goberno central, destacou a Consellería, tamén se atopa a de acelerar, na medida do posible, os prazos para a entrada en vigor da nova especialidade de Urxencias e Emerxencias. "Se na próxima convocatoria MIR 2024, os residentes xa tivesen aberta a opción de escoller a especialidade de Urxencias e Emerxencias evitaríase que entre o 25 e o 30 % dos facultativos que se especializan en Medicina Familiar e Comunitaria finalicen en urxencias, xa que era xa a súa decisión ao comezo de formación MIR", relatou. Deste xeito, "contribuiríase a frear" o salto de profesionais sanitarios dunha especialidade a outra.

Neste sentido, apuntou que o Ministerio de Sanidade debe facer todo o que estea na súa man para que a formación de profesionais de Urxencias poida comezar xa en maio de 2024: "debemos facer un esforzo por incorporar a especialidade de Urxencias e Emerxencias xa o próximo ano". "Sería un éxito de todos", aseverou. Comesaña tamén trasladou que unha boa medida sería "suprimir a nota de corte, polo menos durante un tempo", co ánimo de que non queden prazas de facultativos sen cubrir, á vez que reiterou que debe revisarse o sistema de elección de prazas, para que "non haxa que preelexir e evitar que queden prazas sen cubrir".

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña | Fonte: PARLAMENTO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta