O Sergas amplía ata 271 o número de prazas ofertadas na categoría de médico de familia e Atención Primaria

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2023 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a resolución do 11 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas pola que se modifica a última convocatoria de concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, e amplíase o número de prazas ata as 271.

Deste xeito, segundo destacou a Consellería de Sanidade, ás 150 prazas xa convocadas pola resolución do 14 de decembro de 2022 na categoría de médico de familia de atención primaria, súmanse 121 prazas máis derivadas da oferta pública de emprego (OPE) do ano 2023, aprobadas polo Consello da Xunta. Esta medida de acumulación de prazas, subliña o departamento autonómico, conta co apoio maioritario das organizacións sindicais da Mesa Sectorial.

Así, coa tramitación desta convocatoria, poderanse incorporar ao Servizo Galego de Saúde 271 profesionais de medicina familiar e comunitario, facilitando a participación do MIR que finalizaron a residencia este ano. As prazas distribúense en 126 para acceso libre, 132 para a promoción interna e 13 para a quenda de discapacidade. Segundo a Xunta, con esta convocatoria a taxa de temporalidade será inferior ao 8 %. A resolución publicada no DOG reabre o prazo de inscrición para novos aspirantes, que contarán co prazo dun mes para presentar a súa solicitude de participación neste proceso. A celebración das probas de exame deste proceso está prevista para o próximo semestre.

Miles de aspirantes vestíronse de negro como protesta mentres realizan as oposicións de Enfermaría do Sergas
Miles de aspirantes vestíronse de negro como protesta mentres realizan as oposicións de Enfermaría do Sergas | Fonte: Álvaro Ballesteros - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta