Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2023 | Actualizada ás 20:58
O BNG preguntouse se "se vai a deixar ir" a Alcoa de San Cibrao, o que motivou a resposta da conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, que insistiu en que o problema está no prezo da enerxía e que os nacionalistas non contribúen a atopar unha solución "co seu discurso en contra das renovables".
A situación de Alcoa, coas incógnitas sobre a continuidade da factoría e o cumprimento do pacto asinado entre a dirección da multinacional estadounidense e os traballadores, protagonizou unha pregunta oral do deputado do Bloque Daniel Castro dirixida á responsable de Economía no Goberno galego durante o pleno celebrado este venres.
Para Lorenzana, "non ten sentido" que o BNG veñan demandar solucións para unha factoría que presenta problemas polo prezo da enerxía cando "todos os días están a dicir 'eólicos non'" e "traslandando á sociedade ideas equivocadas sobre as renovables".
Antes, Castro cuestionou que a Xunta "se crea" o discurso de que "unha empresa que ten o oligopolio" da produción de aluminio "non ten fondos" para manter a súa actividade na Mariña luguesa, polo que pediu que "exerza as súas competencias" en industria e esixa a Alcoa que cumpra cos seus compromisos adquiridos.
Pola súa banda, a conselleira replicou que o discurso do BNG cae na "demagoxia" posto que a Xunta "sempre vai estar á beira dos traballadores" e que "vea por que o acordo se cumpra", á vez que lamentou que o acordo do BNG e PSOE para a investidura de Sánchez "non mencione a palabra" Alcoa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.