Galicia gaña 5.713 habitantes en 2023, con Lugo como a única provincia que perde poboación

Segundo as 'Cifras oficiais de poboación dos municipios españois' da revisión do Padrón municipal de 2023.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 26/12/2023 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

Galicia gañou 5.713 habitantes en 2023, ata situarse nos 2.696.177 galegos, segundo as 'Cifras oficiais de poboación dos municipios españois' correspondentes á revisión do Padrón municipal de 2023, publicadas este martes polo Instituto Nacional de Estatística.

Así, todas as provincias da Comunidade gañaron poboación excepto Lugo. En concreto, esta rexión quedou nos 323.956 habitantes, 33 menos que hai un ano.

Pola súa banda, Pontevedra gañou 1.230 persoas, ata 944.245 habitantes, do mesmo xeito que Ourense, que aumentou o seu padrón en 270 persoas, ata 304.550 cidadáns. Na provincia da Coruña, o aumento foi de 4.246 persoas, ata 1.123.426 habitantes.

O padrón recolle os habitantes de cada concello galego. No que respecta ao sete grandes cidades, todas elas gañaron poboación no último ano menos Ferrol e Pontevedra, que perderon 268 e 293 persoas, respectivamente, ata quedar con 63.890 e 82.535 habitantes.

Pola súa banda, Vigo pecha 2023 con 293.652 cidadáns, 1.278 persoas máis, rozando un ano máis os 300.000 e manténdose como a urbe máis poboada de Galicia. O patrón recolle 104.250 ourensáns, 494 máis que en 2022, mentres que en Lugo rexístranse 98.214 habitantes, 1.003 máis. A Coruña e Santiago de Compostela tamén creceron en poboación, ata 247.376 e 98.687 persoas, 2.676 e 508 máis que hai un ano.

Varias persoas pasean sobre unha lixeira capa de neve na muralla romana de Lugo. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Varias persoas pasean sobre unha lixeira capa de neve na muralla romana de Lugo. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta