A neutralidade aparente

Aqués que ten fama de honrados na vila roubáronme tanta brancura que eu tiña, botáronme estrume nas galas dun día, a roupa decote puñéronma en tiras.... Rosalía de Castro

Por Fermín Paz | As Pontes | 28/12/2023

Comparte esta noticia
Escribía estes días, na Voz de Galicia, un representante da UGT-Endesa un artigo de opinión sobre o sector eólico en Galicia; unha opinión pouco interesante e moi interesada. Onde está o ben e o mal?. Se acaso, na xustificación das enerxías renovábeis ou no peche da Central Térmica de As Pontes?
 
O autor, como fai sempre, non argumenta algún feito e cala outros. Foi o defensor da sinatura do V Convenio, o peor da historia, supuxo que a empresa gañase (e os traballadores/as perdesen) 515 millóns de euros da provisión de dereitos sociais, tanto do persoal activo como pasivo, e a súa sinatura pola UGT foi en solitario e sen ningunha consulta aos traballadores.
 
Ademais xustifica as políticas enerxéticas da empresa Endesa (e das demais) e o peche da térmica baseadas nunha inexistente "transición xusta", namentres cala diante do acordo que o seu sindicato asinou para levar á emigración, fóra das Pontes e de Galicia, a compañeiros/as, a case todos menos, curiosamente, a el.
 
Pero a mostra de falta de rigor no seu artigo é cando, unha persoa que vai de técnico, confunde a potencia instalada (MW) coa xeración eléctrica (MWh) e, xa no disparate  cuantifica en 150.000 persoas menos en Ferrolterra en 10 anos, cando esta perda foi de 13.283 persoas.
 
En fin, un representante sindical xamais debera calar diante  da colonización dos montes galegos polas empresas enerxéticas para xustificalas e xustificarse. A neutralidade aparente do artigo é outro engano.
 
As mútiples crises de natureza economica e  social están a producir un agravamento dos efectos do cambio climatico e debuxan un escenario preocupante a nivel global, producindo unha morea  de crecentes desigualdades e solucions controvertidas e dalgunha das partes do todo,  non do revés. O  “capitalismo verde” é un  grande exemplo do cinismo. A inxenuidade o seu aliado. Calquera proposta  coa fondura que  esixe unha transición   do modelo vello ao novo e moito mais se a propaganda a quere chamar xusta, debe ter alternativas duradeiras, cribles e sostibles para todos os afectados. O demais, seguirá a ser so negocio dos menos.

Eólico
Eólico | Fonte: Confederación de Empresarios de Galicia
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.