A Xunta decreta tres vedas extraordinarias de marisco durante os tres primeiros meses do 2024

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2023 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a orde pola que se aproba o plan xeral de explotación marisqueira para o trienio 2024-2026. Trátase, informa a Consellería do Mar, do segundo con vixencia trianual, tras a aprobación do Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas.

Mediante a orde mencionada, aprobáronse un total de 92 plans de xestión, dos que 46 corresponden ás autorizacións administrativas e os outros 46 son plans específicos para as zonas de libre marisqueo.

Unha das principais novidades que inclúe a orde para o próximo trienio é que os bancos de Lombos do Ulla, Bohído e Cabío ata agora suxeitos a plan de xestión, pasarán a incorporarse as zonas de libre marisqueo e rexeranse polas normas das mesmas.

Tamén se recolle que no primeiro trimestre do ano, entre o 2 de xaneiro e o 31 de marzo, desenvolverase unha veda extraordinaria por causa de forza maior nestes tres bancos para protexer os stocks de bivalvos, así como os reprodutores presentes nestas áreas de cultivo de moluscos.

Por provincias, apróbanse 45 plans na provincia da Coruña, tres na de Lugo e 47 en Pontevedra. Estes plans de xestión inclúen obxectivos biolóxicos, ecolóxicos, económicos e sociais a tres anos, niveis de referencia e indicadores, así como estrategiasde actuación, que atenden ao uso sustentable e a longo prazo dos recursos marisqueiros.

Mariscadoras traballando
Mariscadoras traballando | Fonte: Xunta de Galicia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta