Alerta laranxa no litoral de Pontevedra por ondas que poden chegar aos 6 metros e ventos de forza sete

O aviso xa afectaba o litoral coruñés e á Mariña lucense.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/01/2024 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

O litoral da provincia de Pontevedra está en alerta laranxa desde o mediodía deste mércores por temporal costeiro; un aviso que xa afectaba á provincia da Coruña e á Mariña lucense. As previsións apuntan a ventos de forza sete e ondas de ata seis metros no norte da comunidade.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acordou esta medida preventiva que está vixente desde primeira hora deste mércores, xornada na que o resto da costa galega, é dicir, o litoral de Pontevedra, está en aviso amarelo tamén polas condicións adversas que se esperan para todo o día. As previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) apuntan a ventos de forza sete mar dentro en Estaca de Bares e mar combinado con ondas de ata seis metros, mentres que no resto de costa a ondada podería superar o cinco metros de altura.

A Xunta apela a extremar as precaucións mentres dure este fenómeno, que se espera que empece a remitir a partir da caída da noite. Así, recomenda manterse fóra da liña de costa, revisar os cabos das embarcacións e manter a cautela se se ten que realizar calquera actividade no mar.

Un home na Praia de Riazor durante un temporal costeiro na Coruña
Un home na Praia de Riazor durante un temporal costeiro na Coruña | Fonte: M. Dylan - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta