Piden 3 anos de cárcere para un acusado de vender un coche co contakilómetros trucado

No xuízo que se celebrará este martes na sala do Penal 1 de Vigo.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 08/01/2024 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

O responsable dunha empresa de compravenda de coches enfróntase a 3 anos de cárcere no xuízo que se celebrará este martes na sala do Penal 1 de Vigo, como presunto autor dun delito de estafa, pola venda dun vehículo de segunda man ao que lle manipularon o contakilómetros.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, a empresa cuxo administrador era o procesado puxo á venda mediante un anuncio en Internet un vehículo Audi A5, informando de que o coche tiña ao redor de 148.000 quilómetros.

O denunciante coñeceu a oferta e contactou coa empresa, coa que chegou a un acordo para adquirir o vehículo por 20.500 euros. Así, a vendedora trasladou o coche ao domicilio do prexudicado, en Salvaterra de Miño, en marzo de 2018, e cobrou o diñeiro mediante tres transferencias.

Nese momento, o comprador decatouse de que o coche non marcaba 148.000 quilómetros, senón 152.000. Uns días despois, levou o vehículo ao servizo Audi de Vigo e alí decatouse de que, na última revisión realizada, en marzo de 2014 en Alemaña, o cuentakilómetros xa marcaba máis de 202.000 quilómetros.

Por estes feitos, o ministerio público considera ao administrador da empresa (e á propia sociedade) autor dun delito de estafa e pide que sexa condenado a 3 anos de prisión. Así mesmo, reclama que a empresa pague unha multa de 2.628 euros, e que ambos indemnicen ao denunciante en 1.831 euros pola diferenza de valor do coche e polos prexuízos económicos ocasionados.

Macrosala de vistas na Cidade da Xustiza de Vigo
Macrosala de vistas na Cidade da Xustiza de Vigo | Fonte: TSXG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta