Mobilizacións para reclamar melloras na Atención Primaria en Chantada e O Carballiño

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 14/01/2024 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

Localidades de Lugo e Ourense acolleron mobilizacións para reclamar melloras en Atención Primaria, en concreto nas localidades de Chantada e O Carballiño. A do municipio lucense foi convocada pola plataforma Chantada quere Sanidade para demandar melloras no servizo neste municipio e no de Carballedo. Ademais, a plataforma fixo un chamamento aos veciños do sur de Lugo a participar na manifestación en Santiago convocada para o 4 de febreiro por SOS Sanidade Pública. 

Sanitaria con cartel de servizos mínimos durante a folga de médicos galegos
Sanitaria con cartel de servizos mínimos durante a folga de médicos galegos | Fonte: Europa Press - Arquivo

Por outra banda, no Carballiño houbo tamén unha protesta para pedir a restitución do servizo de pediatría no centro de saúde da vila. Segundo informan os socialistas, na mesma estiveron presentes o secretario provincial e senador do partido Rafal Villarino e a deputada no Congreso Marga Martín, ademais de candidatos e candidatas á Xunta, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta