Ciberseguridade e acoso escolar centran as charlas do plan de convivencia escolar en centros galegos

Entre os temas máis demandados.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/01/2024 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Ciberseguridade e acoso escolar figuran entre os temas máis demandados para as charlas en centros educativos dentro do plan de convivencia escolar. Así o informou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ao facer balance do citado plan. Do mesmo, remarcou tamén que tres de cada catro centros galegos acolleron actividades no tres primeiros meses deste curso.

Sobre as temáticas impartidas, a cargo de axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, remarcou que son "un mapa das preocupacións da comunidade educativa de Galicia". Neste primeiro trimestre, 770 colexios e institutos de Galicia acolleron actividades. Os equipos especializados da Policía Nacional e a Garda Civil desenvolveron nestes centros 1.206 actividades de formación e prevención. Nelas, participaron máis de 37.000 membros da comunidade educativa, dos que 33.500 foron alumnos e alumnas.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, preside a reunión do plan de convivencia escolar/. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA / Europa Press
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, preside a reunión do plan de convivencia escolar/. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta