O Sergas apraza a xullo o concurso de traslados de cinco especialidades

O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición deste luns esta resolución.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2024 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

O Sergas apraza ao 5 de xullo, en lugar do 15 de xaneiro, o inicio do ciclo anual de concurso de traslados de cinco especialidades de facultativo especialista de área.

En concreto, trátase das especialidades de: cirurxía oral e maxiolofacial, cirurxía pediátrica, cirurxía plástica, estética e reparadora, inmunoloxía e oncoloxía radioterápica.

O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición deste luns esta resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, polo que se publica o acordo da Mesa Sectorial sobre os prazos de execución do concurso de traslados abertos.

Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde  (Sergas)
Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (Sergas) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta