Arrinca o procedemento administrativo da reforma de Santa Clara

Co obxectivo de finalizar as obras en 2027.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2024 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez anunciou o inicio do expediente de contratación da redacción do proxecto de rehabilitación do convento de Santa Clara para o seu uso destinado a Museo de Pontevedra. "Espero que para o centenario do Museo, no 2027, as obras en Santa Clara estean totalmente finalizadas", manifestou o vicepresidente. Este expediente será aprobado na xunta de goberno provincial do próximo 30 de xaneiro.

Nunha rolda de prensa celebrada este martes, Rafa Domínguez informou que o orzamento básico de licitación é de algo máis de 1,7 millóns de euros e inclúe a redacción do proxecto e a dirección de obra.

Rafa Domínguez explicou que inicialmente o goberno provincial pensou suspender o concurso internacional polas discrepancias existentes sobre a construción dun almacén soterrado nos xardíns do antigo cenobio para o depósito non visitable de restos arqueolóxicos "unha vandalización dun espazo natural que levaba 400 anos pechado ao público", reiterou.

Con todo, cambiaron de decisión despois de diversas reunións co estudo de arquitectura Neto Sobejano gañador dese concurso, xa que "non soamente entendía a nosa posición de elevar o grao de protección de Santa Clara e os seus xardíns senón que compartía a nosa visión do proxecto".

MODIFICAR NON INVALIDA

Os servizos técnicos da Deputación de Pontevedra determinaron que modificar o proxecto non invalida o concurso, polo que o goberno provincial decidiu que estes arquitectos continúen co proxecto a condición de que realicen as modificacións pertinentes.

Segundo manifestou o vicepresidente da Deputación, "en tres meses atopamos solucións para que a reforma de Santa Clara sexa unha realidade, cun proxecto museológico reconocible e coherente do sete edificios que protexe ao máximo o noso patrimonio".

Antes de que o estudo Neto Sobejano entregue o proxecto de execución da actuación para a reforma do convento, abrirase un proceso de negociación entre a Deputación e os arquitectos no que se terá en conta, o mellor prezo ofertado, a presentación dunha solución para a supresión do centro arqueolóxico, a proposta dun espazo de conexión, o respecto aos valores históricos e o acceso ao convento, entre outras cuestións.

Traballos no convento de Santa Clara / Europa Press / Europa Press
Traballos no convento de Santa Clara / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta