Remolcan ao pesqueiro Moa a Porto do Son con tres tripuntantes a bordo tras ter un fallo ao oeste de Monte Louro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 23/01/2024 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A Salvamar Regulus remolcou este martes ao pesqueiro Moa ata Porto do Son tras quedarse sen goberno ao oeste de Monte Louro. O pesqueiro, de 11 metros de eslora, levaba a bordo tres tripulantes, que non resultaron feridos. O aviso deuse sobre as 13.18 horas, segundo confirmou Salvamento Marítimo a Europa Press, cando se informou de que se quedara sen goberno por un fallo na máquina. O centro de coordinación de Salvamento en Fisterra mobilizou á salvamar, que remolcou ao pesqueiro ata o porto, onde quedou atracado ás 15.40 horas.

Salvamento Marítimo
Salvamento Marítimo | Fonte: SALVAMENTO MARÍTIMO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta