Interceptan a un tráiler en Ourense que cubría a ruta Vigo-A Rioxa con matrícula falsa por non ter a ITV ao día

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 25/01/2024 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense interceptou a un tráiler que viaxaba desde Vigo á Rioxa coas placas de matrícula que pertencían a outro semirremolque da mesma marca e modelo, con intención de que fose "máis díficil" ser detectado polos axentes. O corpo explicou, que os feitos sucederon o pasado 21 de xaneiro e as investigacións realizadas concluíron que existía "unha clara intención" de ocultar o número do bastidor orixinal e que o vehículo non tiña ITV ao ser desfavorable. Por este motivo, sospeitan que o propietario ou responsable da empresa "pretendía ocultar" a súa verdadeira identidade e matrícula.

Os axentes que detectaron a substitución e procederon á identificación do vehículo, explicou a Garda Civil, están formados e cualificados especificamente no control de transporte de mercadorías e viaxeiros por estrada. Ademais, destacou que, neste caso, foron auxiliados polo Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT) do Subsector de Ourense na instrución das correspondentes dilixencias xudiciais, que serán postas a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Xinzo de Limia.

Control de tráfico a dous camións
Control de tráfico a dous camións | Fonte: DELEGACIÓN DO GOBERNO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta