Educación estuda abrir os colexios fóra do horario escolar para practicar deporte

Defende que con esta iniciativa evitarán que a falta de recursos económicos "poida ser unha brecha social que xere inxustiza e falta de oportunidades".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/01/2024 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Pilar Alegría, avanzou que está a traballar coa Fedaración Española de Municipios e Provincias (FEMP) e as comunidades autónomas para que os colexios abran fora do horario escolar para fomentar a práctica deportiva.

Así o manifestou este venres 26 de xaneiro a ministra Alegría durante a súa comparecencia na Comisión de Educación, Formación Profesional e Deportes no Congreso dos Deputados. Para a tamén portavoz do Goberno, o deporte "debe ser inclusivo e universal". Co obxectivo de facer realidade este propósito, impulsarán o fomento da práctica deportiva no ámbito escolar.

"Con esta medida que poremos en marcha cos centros educativos a través da FEMP e coas comunidades autónomas, reforzaremos a práctica deportiva dos nosos estudantes", afirmou. Así mesmo, a responsable de Educación, Formación Profesional e Deportes defendeu que con esta iniciativa evitarán que a falta de recursos económicos "poida ser unha brecha social que xere inxustiza e falta de oportunidades".

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Pilar Alegría. Fernando Sánchez - Europa Press
A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Pilar Alegría. Fernando Sánchez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta