Por Galicia Confidencial | Ferrol | 26/01/2024 | Actualizada ás 19:46
Ecoloxistas en Acción e Acouga presentarán no xulgado de instrucción de Ferrol unha denuncia conxunta contra e empresa de tratamento de residuos Sogarisa por un novo episodio de emanación de gases tóxicos.
Segundo os ecoloxistas, veciñanza de As Somozas alertaron dun novo episodio de emanación de gases tóxicos desde unha das naves das instalacións do complexo de Sogarisa, empresa de tratamento de residuos industriais. A pesar de que a nube tóxica apareceu ven entrada a noite, foi detectada polos veciños, quen denuncian que “isto non é un feito illado, senon un episodio máis. E sempre con nocturnidade”.
Ecoloxistas en Acción e Acouga sinalan que a nube tóxica procede da nave de estabilización de residuos perigosos con cal. Denuncian que Sogarisa está incumplindo reiteradamente a normativa de Prevención e Control integrados da contaminación (IPPC), xa que estes procesos con cal deben realizar se nunha instalación estanca con aspiración para impedir a emanación de partículas nocivas para a saúde.
“Instamos a Xunta a que non siga permitindo que se poña en perigo a saúde da veciñanza da contorna. Non queremos máis promesas incumplidas, senon feitos. Por iso acudimos a xustiza ante o desleixo da administración”, declara Roberto Vilela, voceiro de Ecoloxistas en Acción.
Ademais desta denuncia, Ecoloxistas en Acción e Acouga están reuníndose coa veciñanza afectada para presentar tamén unha demanda conxunta por delito ambiental e contra a saúde publica. Sinalan que é a única vía que lle queda a veciñanza para impedir a contaminación de Sogarisa, ante a inacción da Xunta de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.